Educación recoñece o traballo educativo do CEIP Canosa-Rus de Coristanco

  • Na Costa da Morte tamén foi recoñecida a labor do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños, xunto con outros seis centros coruñeses máis.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de publicar a resolución cos centros premiados na VI edición do Concurso de Traballo por Proxectos, a través do que se recoñece o traballo de 8 centros educativos públicos da provincia da Coruña no eido do traballo interdisciplinar e a investigación nas bibliotecas escolares, un total de 18 centros en toda Galicia. A iniciativa, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares 2016-20, busca, ademais, incentivar as boas prácticas no ámbito das bibliotecas escolares dos centros de ensino públicos de Galicia, así como fomentar o traballo en equipo.

Todos os traballos deberon realizarse coa coordinación, apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades. A modalidade 1 centrouse en proxectos de carácter interdisciplinario ou proxectos documentais integrados (traballos de investigación sobre un tema no que os alumnos se familiarizan cos mecanismos de busca de información) coordinados desde a biblioteca escolar e que coa participación dun mínimo do 40% das aulas do centro, ou dun 40% dos departamentos no caso dos centros de ensino secundario.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha