Educación reforza as axudas ás asociacións de pais que xestionan comedores escolares

1 minutes read

O importe das axudas irá destinado a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar que abranguen o custo diario do menú de mediodía por comensal, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo, os gastos de mantemento, persoal e limpeza, así como os de enxoval, materiais e utensilios para a prestación do servizo. Xa está aberto o prazo de solicitudes desta convocatoria, cuxo orzamento se incrementa en 400.000€, un 33% fronte á do ano académico 2022/23, e case o triplo do importe que se destinaba a esta liña de axudas antes da pandemia, en concreto 553.000 euros para o curso 2019/20. Estas axudas súmanse ao incremento do orzamento para os comedores que xestionan a Xunta de Galicia e os concellos, que tamén cofinancia a Consellería de Educación. Enmárcase, ademais, nas distintas medidas postas en marcha para aforrarlle este curso ás familias máis de 100M€, 200 se ten en conta o transporte escolar.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?