Educación vai eliminar este curso os exames de recuperación en secundaria


O Ministerio de Educación eliminará este mesmo curso os exames de recuperación na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), porque ten que cumprir co ditame emitido polo Consello Escolar do Estado sobre esta cuestión. Segundo explican fontes do departamento de Pilar Alegría, non se vai aplicar a moratoria dun ano que acordara a ministra de Educación tras recibir peticións de distintas comunidades autónomas de manter as probas este curso académico. Os exames fanse dende hai varios anos en xuño e xullo. A eliminación dos exames de recuperación vén recollida no futuro real decreto de Avaliación, Promoción e Titulación que o Consello de Ministros aprobará o vindeiro martes.