EE.UU. | A Cámara Baixa apoia a Trump na súa campaña contra Venezuela

  • O Exército de Estados Unidos informou este xoves da morte de catro persoas tras atacar unha nova embarcación acusada de contrabando de drogas no leste do océano Pacífico.

A Cámara Baixa do Congreso de EE.UU. rexeita limitar o poder de Donald Trump para usar a forza militar contra Venezuela e os supostos cárteles narcotraficantes. Caracas considera delirantes as declaracións de Trump respecto a un posible bloqueo naval de Venezuela, no medio das tensións. Trump xa ameazara publicamente que as operacións militares futuras poderían non limitarse a intervencións marítimas e poderían incluír posibles operacións terrestres. Lembramos que EE.UU. e Venezuela viven unha escalada de tensións desde o pasado mes de agosto, cando Washington despregou os seus activos militases e miles de marines no Caribe, preto de augas venezolanas, baixo pretexto de combater o narcotráfico, ao que vincula, con dudosas probas, a Caracas. Pola súa banda, o ministro de Defensa de Venezuela cualificou de delirantes as declaracións do presidente Trump que dispón o bloqueo de todos os buques petroleiros sancionados que ingresen e saian de Venezuela e asegurou que os venezolanos non se senten intimidados, no medio das crecentes tensións bilaterais.

Related posts

Activa para este sábado unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

Papá Noel percorrerá as rúas de Camariñas o mércores 24 de decembro

Afaber reparte, por segundo ano consecutivo, etiquetas inspiradas no Nadal polo comercio local de Bergantiños