EE.UU. ameaza cunha resposta áxil e severa á entrada dunha soa forza rusa en Ucraína


Mentres chegaba a Kiev o primeiro cargamento con 90 toneladas de armamento estadounidense, Moscova despregaba tropas e avións de guerra en Bielorrusia para participar nunhas manobras militares na fronteira. O Secretario de Estado Antony Blinken ameazou cunha resposta áxil e severa á entrada agresiva dunha soa forza rusa en Ucraína. Endurecía así unhas declaracións menos contundentes do presidente Biden.

Moscova, negou rotundamente estar a provocar a crise para derrocar ao Goberno ucraíno e instalar a un político afín. Unhas acusacións lanzadas pola ministra de Asuntos Exteriores británica Liz Truss, que sinalaban a Yevhen Murayev como posible candidato, información que atribúe á intelixencia rusa. O exdiputado ucraíno considerouno unha bobada e espera as desculpas de Londres. Lidera Nashi, un pequeno partido prorruso sen representación parlamentaria. O ministerio de Exteriores ruso esixiu á súa vez ás potencias occidentais que deixen de desinformar difundindo noticias falsas.

O Papa Francisco declarou seguir con preocupación o aumento de tensión na zona e destacou a gran repercusión da situación na seguridade do continente europeo. Pediu aos fieis que recen pola paz sen tomar partido.