A Casa Branca anunciou o venres un novo paquete de axuda militar por un valor de 3.750 millóns de dólares (máis de 3.520 millóns de euros) para axudar a Ucraína e aos seus veciños do flanco oriental da OTAN, mentres se recrua/recrúa a invasión rusa de Ucraína.
«Dou as grazas ao presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, aos congresistas e a todos os estadounidenses que valoran a liberdade e que saben que merece a pena protexela. Tamén dou as grazas ao Chanceler alemán Olaf Scholz pola decisión de proporcionar a Ucraína o sistema de defensa antiaérea Patriot, que xunto co IRIS-T Patriot alemán, farán que os ceos ucraínos e europeos sexan certamente máis seguros», declarou o presidente Zelenski, tras a incerta tregua ordenada polo Kremlin.
A axuda de EEUU a Ucraína inclúe 50 vehículos de combate Bradleys e 500 mísiles antitanque con munición. Alemaña fornecerá a Ucraína vehículos blindados de transporte de tropas, ademais dunha batería de mísiles Patriot.