Este sábado pola mañá o Exército estadounidense atacou outro emprazamento controlado polos hutíes no Iemen que consideraba poñía en perigo aos buques de carga que transitaban polo Mar Vermello. A acción produciuse un día despois de que Estados Unidos e Reino Unido lanzasen un ataque aéreo contra os rebeldes hutíes. O propio presidente Joe Biden advertira o venres de que os Hutíes poderían sufrir novos ataques.
«Asegurarémonos de responder aos hutíes se continúan con este comportamento indignante xunto cos nosos aliados», dixo Biden aos xornalistas durante unha parada en Emmaus, Pensilvania. Á pregunta de se cría que os hutíes eran un grupo terrorista, Biden respondeu: «Creo que si».
Doutra banda, o secretario xeral da ONU, Antonio Guterres, instou a todas as partes a «non permitir que a situación siga escalando» no Mar Vermello.