EE UU busca, sen éxito, rebaixar as tensións con China sobre Taiwan


Estados Unidos di que quere manter as liñas de comunicación abertas con China aínda que, o seu secretario de Estado, Antony Blinken, precisou que os exercicios militares que leva a cabo Pequín no estreito de Taiwan son “accións provocativas”. Blinken asegura que China elixiu sobreactuar tras a visita da presidenta da Cámara de Representantes de Estados Unidos, Nancy Pelosi, á illa. Pequín non retrocede e carga novamente contra Washington. Este venres China continuou cunha nova xornada de lanzamento de mísiles e despregamento aéreo de decenas de avións militares ao redor de Taiwan. O Goberno autónomo de Taiwan denuncia estar cercado polo Exército chinés. Ademais das accións militares, China decidiu suspender a súa cooperación con Estados Unidos en materias como a de defensa, a xudicial e a do cambio climático.