EE.UU. fornecerá gas licuado á UE para acabar coa dependencia rusa

0 minutes read

A Unión Europea e Estados Unidos chegan a un acordo para reducir a dependencia da enerxía rusa. Washington comprométese a fornecer a Europa 15.000 millóns de metros cúbicos adicionais de gas natural licuado este ano. Anunciouno o presidente estadounidense Joe Biden, desde Bruxelas, nunha rolda de prensa coa presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen. A iniciativa ten un dobre obxectivo: deixar de depender energéticamente de Moscova e avanzar na axenda verde para descarbonizar as economías.