O lexislador republicano Kevin McCarthy que fracasou por décimocuarta vez nunha votación na Cámara Baixa de EE.UU. para ser nomeado o seu presidente, polo boicot de republicanos ultras, vence na décimo quinta votación.
Tras o anterior bloqueo, os lexisladores rexeitaron suspender a sesión ata o luns e optaron por votar novamente nunha nova rolda para elixir presidente da Cámara de Representantes.
McCarthy rozaba xa a vitoria con 216 apoios tras catro xornadas intensas de votación e todo dependía dun último voto, o do conservador radical Matt Gaetz, aliado do expresidente Donald Trump, quen no canto de apoialo optou por absterse.
Coa anterior votación aínda en marcha, McCarthy levantouse para falar con Gaetz, mentres un membro da bancada demócrata gritáballe «axeónllate», en referencia ás concesións que o lexislador republicano de California estaría a facer aos ultra do seu partido para ser elixido presidente da cámara.