O exército estadounidense atacou 85 obxectivos estratéxicos en Iraq e Siria como resposta ao ataque da semana pasada que matou a tres soldados estadounidenses. O presidente, Joe Biden, di que “non busca unha guerra en Oriente Medio” pero que responderá os ataques contra norteamericanos. Este ataque segue as palabras do Ministro de Defensa estadounidense que comentou que atacarían “cando, como e onde quixesen”. Doutra banda os diplomáticos estadounidenses seguen presionando en Gaza para alcanzar un acordo de cesamento do fogo. De momento, só conseguiron unha aprobación previa en París. Fontes internas do ‘Wall Street Journal’ afirman que as tensións internas na cúpula de Hamás poderían facer que o acordo de cesamento do fogo non só se pospoña senón que se poida romper.
19