EEUU afirma que Israel fará pausas de 4 horas para a saída de civís e a entrada de axuda

Estados Unidos asegurou este xoves que non hai acordo para o cesamento do fogo, aínda que confirmou a intención de Israel de facer «pausas humanitarias» diarias de catro horas no norte de Gaza, a fin de permitir a saída de civís.

O goberno estadounidense afirmou ademais que traballa para liberar aos reféns de Hamás e considerou que estas pausas poderían favorecer a súa saída segura, chegado o caso.

Nunha chamada con xornalistas, o voceiro de Seguridade Nacional da Casa Branca, John Kirby, recalcou que Israel está a loitar contra un inimigo -as milicias de Hamás- que está «incrustado na poboación civil, utilizando hospitais e infraestruturas civís nun esforzo por protexerse» e pon nun risco maior ao «inocente pobo palestino».

Pero tamén insistiu en que Israel ten «a obrigación de cumprir plenamente o dereito internacional» e considerou que estas pausas humanitarias son «un paso na dirección correcta porque buscan que os civís teñan «a oportunidade de chegar a zonas máis seguras».

Mentres tanto, miles de persoas continúan fuxindo desde o norte da Franxa cara ao sur, tratando de escapar as bombas israelís.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha