Aprobada a vacina monodose de Johnson&Johnson en EEUU

0 minutes read

A Axencia do Medicamento dos EEUU aprobou a autorización de emerxencia da vacina contra a covid-19 da farmacéutica Johnson&Johnson. A vacina precisa unha única inxección e será a terceira que estea dispoñible no país. O medicamento de J&J súmase aos de Pfizer-BioNTech e Moderna, que se están a administrar dende finais de decembro. Estas vacinas serviron xa para inmunizar o persoal sanitario, de emerxencias e a persoas maiores. A vacina de Johnson&Johnson estará dispoñible nos vindeiros días.