0
O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, ordenou disparar contra un “obxecto” que estaba a voar sobre o estado de Alaska, informou este venres John Kirby, un dos voceiros da Casa Branca. O “obxecto” tiña o tamaño dun “pequeno vehículo” e descoñécese se pertencía a unha nación, incluída China, explicou Kirby nunha rolda de prensa. Con todo, en principio, o obxecto era diferente ao “globo espía” chinés que Estados Unidos derrubou o sábado pasado despois de que sobrevoase varias zonas do país, dixo o voceiro.