EEUU | Biden ordenou disparar contra un ‘obxecto’ que sobrevoaba Alaska

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, ordenou disparar contra un «obxecto» que estaba a voar sobre o estado de Alaska, informou este venres John Kirby, un dos voceiros da Casa Branca. O «obxecto» tiña o tamaño dun «pequeno vehículo» e descoñécese se pertencía a unha nación, incluída China, explicou Kirby nunha rolda de prensa. Con todo, en principio, o obxecto era diferente ao «globo espía» chinés que Estados Unidos derrubou o sábado pasado despois de que sobrevoase varias zonas do país, dixo o voceiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha