EEUU suma 80.000 mortos e carga contra China


Os Estados Unidos segue alimentando a hipótese da responsabilidade da China en “ocultar” presuntamente información sobre a “gravidade” da COVID-19, mentres non puido frear o avance do coronavirus, que xa supera os 1,3 millóns de casos e os 80.000 mortos. Unha coalición de 18 fiscais estatais, identificados como do Partido Republicano, o mesmo do presidente estadounidense Donald Trump, pediu ao Congreso investigar ao Goberno chinés pola xestión da enfermidade. “Informes recentes suxiren que o Goberno comunista chinés ocultou á mantenta e con coñecemento información sobre a gravidade do virus, á vez que almacenaba equipos de protección persoal”, reza unha carta enviada polos fiscais a líderes do Congreso, entre eles a presidenta da Cámara de Representantes, a demócrata Nancy Pelosi, e o líder republicano no Senado, Mitch McConnell.