EEUU conmemora o 78 aniversario do bombardeo de Pearl Harbor

Estados Unidos celebra o 78 aniversario do bombardeo de Pearl Harbor. O ataque da aviación xaponesa ao porto estadounidense marcou a entrada de Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial. Este venres 7 de decembro, veteranos sobreviventes daquel violento ataque de 1941 no que morreron máis de 2300 persoas, recibiron unha homenaxe. Centrado nos perigos da guerra europea, o país norteamericano había descoidado a súa costa do pacífico. Segundo algúns historiadores, o descoido foi utilizado polos xaponeses para debilitar a Estados Unidos atacando o porto con bombardeiros, torpedos e avións de combate coa esperanza de evitar que interviñese na Guerra na que estaba inmersa Europa. Gran cantidade das baixas pertencían á tripulación do acoirazado Arizona, 1177 persoas das 1400 que tripulaban o barco, morreron a bordo. Agora, os restos do barco convertéronse nun monumento en homenaxe ás persoas que morreron aquel día.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha