EEUU dará a Ucraína municións de uranio empobrecido

O xefe da diplomacia de EEUU, Antony Blinken, visitou Ucraína para prometer mil millóns máis a Kiev para dar aire á contraofensiva. A axuda incluirá, por primeira vez, municións de uranio empobrecido para tanques. Esa munición vai destinada para os tanques Abrams, detallou o Pentágono nun comunicado que engade que tamén haberá material para apoiar o sistema de defensa aéreo ucraíno e munición adicional para lanzamisiles HIMARS.

O uso de proxectís con uranio empobrecido, que teñen maior capacidade para perforar blindados, foi durante moito tempo un tema controvertido debido aos seus posibles impactos na saúde e o medioambiente.

Blinken tamén se reuniu co presidente ucraíno Volodímir Zelenski. O secretario de Estado estadounidense dixo que espera que este novo paquete de axuda de alento e impulso á contraofensiva ucraína fronte ás tropas rusas que se acelerou nestas últimas semanas.

O voceiro do Consello de Seguridade Nacional da Casa Branca, John Kirby, apuntou nunha conferencia de prensa que co paquete deste mércores Washington está «moi centrado» en axudar a Ucraína a ter éxito na contraofensiva contra Rusia

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha