Cruzamento de advertencias entre Moscova e Washington na reunión da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) en Estocolmo. Estados Unidos instou a Rusia a retirar as súas tropas da fronteira ucraína. Moscova, que nega buscar un conflito, pediu a Washington que deixe de tentar «arrastrar a Ucraína nos seus xogos xeopolíticos».
Antony Blinken mostrou a súa preocupación polas «evidencias» que apuntan a que Moscova planea unha «agresión» contra Ucraína e acusou ao Kremlin de non cumprir cos acordos de Minsk de 2015. Serguéi Lavrov alertou de que Europa podería estar a regresar ao que chamou o «pesadelo da confrontación militar», en referencia á concentración de tropas da OTAN preto de Rusia. Moscova propón negociar coa OTAN para que free o seu avance e denuncia que Kiev desprazou tropas adicionais no Donbás. Occidente acusa a Rusia de concentrar máis de 90.000 soldados na fronteira con Ucraína e de planea un ataque.
36