EEUU mata a dous membros do ISIS-K nunha ‘misión vinganza’ en Afganistán


Estados Unidos atacou cun dron ao presunto planificador do atentado que matou polo menos a 180 persoas, ente elas 13 soldados norteamericanos, o xoves no aeroporto de Cabul, informaron portavoces militares do país.

O obxectivo foi un cabezilla da rama afgá do Estado Islámico, que reivindicou o atentado, a operación tivo como escenario a provincia de Nangajar, no leste de Afganistán, e segundo as fontes o líder islamita podería ser alcanzado e morto.

O Pentágono afirmou este sábado que aínda hai «ameazas moi reais» e «moi dinámicas» contra as tropas estadounidenses que permanecen no aeroporto de Cabul, onde o xoves houbo un atentado, e anunciou que os soldados xa comezaron a retirarse do país.

«As ameazas ás nosas tropas son aínda moi reais e moi dinámicas», afirmou o portavoz do Departamento de Defensa, John Kirby, nunha rolda de prensa.