EEUU promete a Kiev máis axuda militar


O secretario de Estado de EEUU, Antony Blinken promete a Ucraína máis axuda militar: uns 300 millóns de dólares adicionais en 2022. A acumulación de cen mil soldados na fronteira este de Ucraína, podería duplicarse en pouco tempo, segundo Blinken que advertiu ao Kremlin que ten dúas opcións: apostar pola diplomacia e a desescalada ou afrontar as graves consecuencias en forma de sancións. Rusia espera unha resposta por escrito o venres en Xenebra con garantías de seguridade para evitar a expansión da OTAN e o emprazamento de armas ofensivas cara ás súas fronteiras. Moscova acumula 100.000 soldados na fronteira ucraína, o que fai temer en Occidente unha invasión. O vindeiro luns celebrarase en Bruxelas un cume dos ministros de Exteriores da UE para tratar a crise de Ucraína.