EEUU supera as 200.000 mortes por COVID-19


EEUU superou este martes as 200.000 mortes confirmadas pola COVID-19, segundo o reconto independente da Universidade Johns Hopkins. A Universidade Johns Hopkins informou de 200.005 falecementos, o que segue situando a EEUU como o país con máis decesos na pandemia. Estados Unidos é ademais a nación con máis casos absolutos, 6,7 millóns, por diante da India con 5,5, seguidas por Brasil con 4,5 millóns, sumando entre os tres máis da metade dos contaxios confirmados. Entre as 10 nacións do mundo con máis decesos tamén se atopan México (en cuarto lugar con máis de 73.000 falecidos), Perú no sétimo lugar (31.000), e España no noveno con máis de 30.000 vítimas mortais, mentres Colombia ocupa o undécimo con 24.000.