Efectividade da vacina de Moderna contra as variantes do virus


Moderna afirma que a súa vacina anticoronavirus é efectiva contra as variantes de Reino Unido e Suráfrica. A compañía estadounidense asegúrao despois de realizar unha proba de laboratorio. Con todo, tamén di que traballarán para desenvolver unha dose adicional e aumentar aínda máis a protección contra estas variantes. Mentres, a Union Europea empraza as farmacéuticas a cumprir cos contratos asinados sobre a subministración de vacinas, pide transparencia nos motivos dos atrasos, e non desbota emprender accións legais.