Efectivos da Brilat completan no 112 Galicia a súa formación sobre a xestión das emerxencias

1 minutes read

O 112 Galicia recibiu a un grupo de 65 soldados da Brilat de Pontevedra que están a cursar estudos de formación profesional sobre a asistencia sanitaria, a atención a múltiples vítimas e seguridade privada e protección ante explosivos.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, guiou aos membros da Brilat polas instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia co fin de mostrar o seu funcionamento e utilidades.

Deste xeito, os asistentes puideron contextualizar mellor os coñecementos que están a recibir mediante unha ampla visión sobre o sistema galego de atención ás chamadas de emerxencias efectuadas a través do número 112.

Tamén visitaron as instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), centro de referencia da formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias que traballan en Galicia.