O Calvo Xiria recibe ao líder, o Disiclín Balonmán Lalín

Vibrante xornada a que se vivirá este sábado en Carballo ás 20:00 horas. O Calvo Xiria, recibe ao Disiclín Balonmán Lalín; líder da categoría. Probablemente é o partido máis difícil do ano. Un Lalín, con máis experiencia e que vén de competir nunha liga superior; ante un Calvo Xiria que medirá o seu crecemento nesta parte da tempada. O Calvo Xiria terá que ser máis regular e manter o ritmo competitivo que lle esixirá Lalín durante o encontro. Son dous dos equipos que menos goles encaixan; polo que a efectividade para gol pode ser determinante. Os dous equipos presentan algunhas dúbidas con respecto aos 16 xogadores convocados, nun choque onde todos queren estar presentes. Veremos o sábado cales son da partida tanto para Pablo Cacheda como para Adrián Dubra. O apoio da afección será moi importante.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha