O Goberno concretará en breve cando chegarán a Galicia os trens Avril

1 minutes read

O secretario de Estado de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana David Lucas asegurou este venres que a partir do «mes de abril» o Goberno poderá poñerlle data á posta en funcionamento dos trens Avril de alta velocidade e de ancho variable fabricados por Talgo, que nestes momentos están en período de probas. David Lucas, nunha conferencia de prensa celebrada en Lugo tras asinar o convenio co concello e coa Xunta para executar a estación intermodal da cidade, dixo: «Non quero aventurarme ata que se fagan todas as probas e todas as comprobacións». O secretario de Estado tamén se comprometeu a que o Goberno falará coa Comisión Europea para «incorporar máis espazos» ao Corredor Atlántico de mercadorías.