34
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, indicou este luns que o Goberno galego prevé levar a cabo o xuízo do Alvia na Cidade da Cultura no primeiro trimestre do próximo ano.
Juan José Martín afirmou que, segundo as previsións do TSXG, prevense uns 120 avogados e procuradores, o que unido á posible longa duración que poida ter, fai necesario un amplo espazo para o seu desenvolvemento, polo que a Cidade da Cultura acollerá durante o primeiro trimestre do próximo ano o macroxuízo polo accidente ferroviario ocorrido hai 8 anos.
Do mesmo xeito que ocorreu co xuízo do Prestige, un dos máis complexos na historia da Xustiza galega, a Xunta fará fronte ás necesidades materiais necesarias para a celebración das sesións.