O papa implícase nos presuntos casos de abusos sexuais en España

1 minutes read

O Vaticano remitiu «as instancias competentes» un informe sobre abusos sexuais da Igrexa en España para que se proceda segundo a «normativa canónica vixente», informou o portavoz da Santa Sé, Matteo Bruni. «O Santo Pai sempre insistiu na súa atención e a súa proximidade ás vítimas de abuso, coas palabras, a oración e con moitos xestos», destacou o xefe da oficina de prensa vaticana nunha mensaxe remitida aos medios. E agregou: «A documentación entregada, xa que a súa natureza fora ilustrada, foi entregada ás instancias competentes para que se poida proceder segundo a normativa canónica vixente, oportunamente actualizada nos últimos anos». O Vaticano non precisou a que «instancias» remitiu o informe que documenta os abusos.