Eleccións á presidencia da Escola Basket Xiria


Tras a dimisión por motivos persoais, do ata agora presidente, Marcos Díaz Molk, convócanse Eleccións á Presidencia da Escola Basket Xiria en Asemblea Extraordinaria que se celebrará o vindeiro 16 de Xullo. Todas aquelas persoas interesadas en presentar a súa candidatura á Presidencia da Escola Basket Xiria e formar parte da súa Xunta Directiva, deberán cumprir cos requisitos exisidos e remitir a seguinte solicitude

https://www.escolabasketxiria.com/wp-content/uploads/2020/07/Eleccions-Presidencia-2020_solicitude.pdf

asinada antes das 23:59h do día 12 de Xullo, ao seguinte correo electrónico: club@escolabasketxiria.com.

Aproveitando a convocatoria electoral a as votacións para escoller presidente, o mesmo xoves 16 de Xullo celebrarase a Asemblea Ordinaria, convocándose ás 20:15h, sendo a segunda convocatoria ás 20:30h. A orde doa día será a seguinte:

1º – Informe Deportivo Tempada 2019/20.
2º – Estado contable e informe de Tesorería Tempada 2019/20.
3º – Previsión de Orzamento na Tempada 2020/2021.
4º – Rogos e preguntas