Eleccións ao Parlamento de Galicia o 5 de abril

Alberto Núñez Feijóo_Fonte: xunta.gal

  • Feijóo secunda a Urkullu e anuncia a coincidencia das eleccións galegas coas vascas.

Alberto Núñez Feijóo vén de secundar a data elixida polo lehendakari do Goberno vasco e dá por esgotada a lexislatura uns meses antes do previsto para coincidir no 5A. Así o anunciou na tarde deste luns. Faino escasas semanas despois de que o PPdeG reiterase a súa intención de esgotar a lexislatura.