- Feijóo secunda a Urkullu e anuncia a coincidencia das eleccións galegas coas vascas.
Alberto Núñez Feijóo vén de secundar a data elixida polo lehendakari do Goberno vasco e dá por esgotada a lexislatura uns meses antes do previsto para coincidir no 5A. Así o anunciou na tarde deste luns. Faino escasas semanas despois de que o PPdeG reiterase a súa intención de esgotar a lexislatura.