Eleccións Xerais o 28 de Abril

28 de abril. É a aposta de Pedro Sánchez para chamar ás urnas e tentar alargar a representación do PSOE no Congreso, volver ser elixido presidente do Goberno de España por unha «nova maioría parlamentaria» e exercer como tal unha lexislatura completa. Así o anunciou o líder socialista este venres nunha longa «declaración institucional» con límite de preguntas no Palacio de La Moncloa tras presidir un Consello de Ministros extraordinario, monográfico sobre a data electoral, antes da xuntanza ordinaria do máximo órgano gobernamental español.

Había «dúas opcións»: «Non facer nada e continuar» cuns «orzamentos que non son os nosos e que incumpren as esixencias sociais que precisa o noso país» ou «crer que España non ten nin un minuto que perder porque precisa avanzar», xustificou Sánchez antes de anunciar a data cun ton abertamente electoral e de balance dos seus nove meses no poder. Entre referencias á manifestación na que as formacións da dereita esixiron a súa saída inmediata da presidencia, Sánchez esgrimiu a «lexitimidade democrática» do Executivo emanado da moción de censura que, substituíu a outro, o do PP, «asediado pola corrupción».

Consello de Ministros deste venres

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha