16
O alumnado do obradoiro «Camiño ao emprego», promovido conxuntamente polos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, realizou, a petición deste último, varios elementos en madeira co escudo da Administración local para a celebración de actos no Castelo. Os traballadores tamén adecuaron e plantaron novas xardineiras na contorna da Casa da Cultura.