Elías Bendodo, Rueda e Calvo apoian a Rubén Lorenzo en Carballo

1 minutes read

O presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo; o coordinador xeral do PP nacional, Elías Bendodo; o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda e o candidato do PP á Acaldía de Carballo, Rubén Lorenzo, realizaron un percorrido polo centro do pobo, interesándose de paso polo funcionamento do comercio local. Foi un dos actos de apoio do Partido Popular aos candidatos ás Alcaldías dos municipios para as eleccións municipais do próximo 28 de maio.

O candidato carballés, Rubén Lorenzo, agradeceu o apoio e asistencia dos presentes e fíxolle entrega simbólica a Alfonso Rueda do seu programa para levar a cabo »o cambio que Carballo necesita, enchéndoo de oportunidades desde o liderado de cabeceira de comarca e locomotora da Costa da Morte».

Bendodo definiu ao PP como «o partido da terra», alabou o bo equipo e programa que presenta Rubén Lorenzo, e en clave local concluíu afirmando que por moi ben que o fixera o actual alcalde, «20 anos de goberno xa son moitos» e confiou en que o cambio se produza «tamén en Carballo».

Alfonso Rueda coincidiu en sinalar que en Carballo toca un cambio político, aludindo a Rubén Lorenzo e ao seu equipo como «xente con ilusión» e ao que lle brindou todo o seu apoio e o seu ánimo para tentar que se produza ese cambio neste concello, coa experiencia como deputado e concelleiro, concluíu en que Rubén «está no mellor momento para facerse cargo da alcaldía de Carballo».

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?