Eliminado un punto de  vertido de augas residuais á ría de Muros

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais municipal que vertía á ría de Muros e Noia, no concello de Muros.
A achega irregular foi detectada polo persoal do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, durante as tarefas rutineiras de inspección que se levan a cabo nos distintos termos municipais do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
O persoal inspector localizou a achega nunha rede de augas pluviais que vertía directamente cara a ría de, a través dunha tubaxe no muro de contención na praia de Virxe do Camiño.

Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento da entidade local para que levara a cabo as medidas oportunas para a emenda do vertido irregular.
Nunha nova inspección xirada á zona, os técnicos autonómicos constataron a emenda do punto de vertido cara a ría, logo de levarse a cabo as obras de selado da tubaxe e a conexión cara a rede de saneamento municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha