Eliminado un punto de vertido de augas residuais ao rego Alvarellos, en Dumbría

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais ao rego Alvarellos, no concello de Dumbría.

O foco foi identificado polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, na parroquia de Berdeogas, no marco das inspeccións rutineiras na rede fluvial do municipio.

Os inspectores desprazados á zona localizaron a orixe do vertido de augas residuais nunha rede municipal a través da cal se producía un vertido cara ao rego Alvarellos.

O persoal de Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento do Concello de Dumbría para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante.

Nunha nova inspección efectuada á zona polo persoal de Augas de Galicia, confirmouse a conexión da rede municipal de augas residuais cara á fosa séptica situada na zona, o que permitiu o cese do vertido de augas residuais ao dominio público hidráulico.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?