Eliminado un punto de vertido de augas residuais domésticas ao río Grande, en Cerceda

1 minutes read

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron o foco no transcurso dos labores rutineiros de inspección levados a cabo na bacía do río Anllóns. A achega contaminante localizouse unha rede de evacuación de augas pluviais municipal na parroquia de Santo André de Meirama, confirmada mediante analítica. Tras a localización do foco, os técnicos de Augas de Galicia levaron a cabo unha inspección con responsables municipais, comunicándolle a necesidade de adoptar medidas correctoras. Nunha nova inspección xirada á zona, os técnicos de Augas de Galicia verificaron a emenda do vertido, tras levarse a cabo a eliminación das conexións de augas residuais xeradas nas vivendas da zona á rede de augas pluviais municipal.