Eliminan unha vertedura de augas residuais ao río Brens en Cee

1 minutes read

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia, nunha inspección rutineira, localizaron este punto de vertido no lugar da Pontella.

O foco contaminante foi identificado no marco dos labores de inspección que leva a cabo o Plan de Control de Vertidos para o control e eliminación das verteduras existentes no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia – Costa.

Segundo as comprobacións levadas a cabo polos inspectores, a condución para o desaloxo de augas pluviais que remata na marxe dereita do río Brens, presentaba aportes contaminantes procedentes de acometidas de inmobles da zona.

Augas de Galicia solicitoulle ao Concello de Cee a realización das actuacións necesarias para evitar estes vertidos. Así, nunha recente inspección á zona constatouse o cese destes aportes ao río Brens.