Elisa Carballido pecha ciclo tras máis de 44 anos de servizo no Concello de Carballo

2 minutes read

Despois de “44 anos e un mes” de dedicación ao servizo público, Elisa Carballido Rama celebrou este martes o seu aniversario e o comezo dunha nova etapa vital: a xubilación. A xefa do negociado de Estatística, Padrón e Certificacións do Concello de Carballo asinou o seu cese na Alcaldía, e, moi emocionada, dirixiuse aos compañeiros e compañeiras que ateigaron o despacho de Evencio Ferrero, lembrou ao seu pai, que a animou a presentarse o posto, “que a día de hoxe estaría feliz de saber que todos son compañeiros que nos aprecian a miña irmá e a min”.

Elisa Carballido amosou o sobre no que recibiu o seu primeiro soldo, e como os que durante un tempo tivo que encher ela para os seus compañeiros e compañeiras, porque, como lembrou, “agora todo o mundo me asocia ao padrón, pero estiven en varios departamentos”. E como despois de tantos anos ten participado en multitude de celebracións de Santa Rita, Nadal ou despedidas doutros compañeiros e compañeiras, quere que se siga contando con ela para as festas. Seguro que así será.

O alcalde, que lle fixo entrega dun carballo de Sargadelos, desexoulle que o traballo de todos estes anos dea paso a “moitos anos de vida máis relaxada”. Evencio Ferrero e Elisa Carballido comparten interese pola estatística “e a preocupación porque Carballo medre” e destacou a “excelencia profesional, o querer facer sempre as cousas ben e o orgullo de ser de Carballo”.

Un aplauso unánime e a foto de familia nas escaleiras de acceso á casa do concello puxeron fin ao acto.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?