0
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños, Afaber, celebrou este martes no seu local social de Bértoa unha Asemblea Xeral Extraordinaria de socios e socias para conformar a súa Xunta Directiva.
Tras a Asemblea, a nova Xunta Directiva quedou formada por:
Jesús Manuel Villar Antelo, coma presidente.
María Díaz Rama, coma vicepresidenta. (nova incorporación)
Mª del Mar Barca Gómez, coma secretaria.
María Vilariño Pombo, coma tesoureira.
Mª Begoña Fernández González, como vogal.
Manuel Remuiñán García, como vogal. (nova incorporación)
Tamén se acordo a modificación dos estatutos da Asociación de Familiares do alzhéimer da Comarca de Bergantiños (Afaber) para:
- Cambio do enderezo do domicilio social á nova localización do centro que agora está situado en Lgar. Mirón nº 24 – Baixo 15105 Bertoa Carballo (artigo 3)
- Cambio do ámbito de actuación territorial á Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 4)
- Cambio na composición da Xunta Directiva. Que agora estará integrada por 6 membros. (artigo 6) – Ademais. Modificación dos estatutos nos seus artigos:, 5º, 7º, 21º, 22º.