Elon Musk amplía os seus negocios na China

Elon Musk concluíu a súa primeira visita á China desde a pandemia, e fíxoo sen publicar un só chío. O dono de Tesla foi aclamado polos empregados da gigafactoría que construíu en Shanghái en 2019, da que saen máis da metade dos vehículos Tesla vendidos en todo o mundo. O magnate tamén se reuniu con altos cargos chineses. A súa viaxe prodúcese semanas despois de que anunciase un investimento multimillonario en Shanghái para construír unha nova fábrica de baterías «Megapack», de almacenamento de enerxía que se utilizan para estabilizar as redes eléctricas e evitar apagamentos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha