Ambos proclamáronse vencedores da XVII edición do Dúatlon de Reis de Vimianzo cuns tempos de 1:50:44 e 1:31:28 respectivamente, no que foi a única proba destas características que se celebrará en Galicia durante 2026. Participaron preto de 200 deportistas chegados de todos os puntos da xeografía galega.
Entregaron os premios a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Sergio Miñones; o delegado provincial da Federación de Tríatlon da Coruña, Gustavo Álvarez Nogueira e varios representantes do Club de Tríatlon Costa da Morte.
Como vén sendo habitual, houbo varias categorías: a súpersprint, con saída ás 9:30 horas, e a estándar, cuxa saída foi ás 11:30 horas. Na primeira incluíanse o Campionato Galego en distancia supersprint para as categorías cadete, xuvenil e junior e a proba popular; na segunda o Campionato Galego en distancia estándar e a proba de relevos.
O percorrido foi ao mesmo que nos últimos anos, mantendo un trazado xa coñecido para aqueles que ano tras ano repiten na competición. A organización ofreceu ao final da proba todo un clásico: o tradicional chocolate e roscón de Reis para poñer punto e final a unha mañá de deporte na Terra de Soneira.