Emalcsa elaborará un Mapa de Enerxías Renovables para A Coruña

A Xunta de Goberno Local fíxolle a encarga á empresa municipal Emalcsa de elaborar un Mapa de Enerxías Renovables para identificar que lugares da cidade son axeitados para a xeración enerxética limpa. Ademais, o Concello da Coruña asume o traballo para crear unha Oficina de Asesoramento Enerxético. Ambas cuestións forman parte do acordo entre o goberno municipal e o grupo da Marea Atlántica para a posta en marcha dun operador enerxético municipal.

Así, o Mapa de Enerxías Renovables estudará, dentro do termo municipal, as equipamentos e espazos tanto públicos coma privados  con maior potencial de xeración de enerxía e que poidan albergar equipos de produción eólica, solar, hidráulica ou outras formas de enerxía renovable, coma o biogás que xa se produce na EDAR Bens.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha