Emerxencias atende unha saída de vía en Vimianzo e un rescate dunha persoa en Muxía


O 112 Emerxencias Galicia coordinou o envío de efectivos a dous operativos levados a cabo este xoves na Costa da Morte. O primeiro produciuse no lugar dos Muíños en Muxía, os Bombeiros de Cee acudiron para auxiliar a unha parsoa que segundo lle indicaban se atopaba nun lugar de difícil acceso, a súa chegada esa persoa xa estaba a ser atendida polos técnicos sanitarios do 061. Catro horas máis tarde un turismo sufriu unha saída da vía nunha zona próxima ao lugar de Baíñas, en Vimianzo, polo que unha persoa tivo que ser evacuada en ambulancia e trasladada ao hospital. Ao lugar acudiron Protección Civil, Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Cee, estos últimos procederon á retirada dos restos do coche accidentado para un pleno restablecemento da operatividade da vía.