Emigración potenciará o regreso dos galegos no exterior

No ámbito do retorno, este departamento destinará 5 millóns de euros para accións encamiñadas a este fin, na procura de seguir facilitando a chegada de galegos residentes noutros países, tanto de primeira como de segunda xeración. Mantense así o compromiso na procura de facilitarlle as oportunidades precisas para que poidan volver a súa terra.

Así, as axudas para o retorno emprendedor multiplican por dous o seu orzamento ata chegar aos 800.000 euros, co obxectivo de seguir facilitando a posta en marcha de novos negocios na comunidade e axudar a consolidar os xa existentes ante as dificultades que conleva a actual pandemia. Non en van, desde a súa activación fai xa catro anos, o programa ten permitido a apertura de case 300 iniciativas empresariais en Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha