Dimite o voceiro do Gupo covid de Madrid, dous días depois de ser nomeado


No medio desta crise institucional, este sábado coñeciamos a dimisión do voceiro do Grupo Covid, ese espazo de colaboración creado polo Goberno Central e a Comunidade de Madrid trala xuntanza que mantiveron o presidente Sánchez e Isabel Díaz Ayuso.

Emilio Bouza, de orixe galega, estaba chamado a ser o “Fernando Simón” madrileño, pero non tivo case tempo para exercer. Renuncia ao posto só 48 horas despois de ser nomeado. Este doutor e catedrático, nado en Vilalba, fora designado voceiro por consenso entre o ministro Salvador Illa e o conselleiro Ruiz Escudero. Bouza dimite tras comprobar as fortes discrepancias que hai entre Moncloa e o goberno autonómico para xestionar a pandemia. Na súa carta de dimisión apunta a que as roldas de prensa simultáneas do venres foron determinantes na súa renuncia.