O sábado, 23 de marzo, celebrarase en Malpica o concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón que estaba previsto para o 21 de decembro pasado e que foi suspendido debido aos dous días de loito decretados tras o falecemento de José Angel Sanjurjo no afundimento do pesqueiro “A Silvosa”. Rosa Cedrón e Emilio Rúa ofrecerán o espectáculo Diversións, incluído na Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, no que interpretarán pezas compostas por ambos os intérpretes e versións propias de pezas tradicionais. O concerto comezará ás 20.00 horas no Auditorio do Centro Cívico, e a entrada será libre e gratuíta.
