Emitida unha orde de detención contra Evo Morales


A Fiscalía boliviana emitiu este mércores unha orde de detención do ex-presidente Evo Morales, a quen o Goberno interino de Jeanine Áñez acusou de supostos delitos de sedición e terrorismo. O ministro interino de Goberno (Interior), Arturo Murillo, compartiu en Twitter unha fotografía do documento no que se ordena  aprehender a Morales, refuxiado na Arxentina, e trasladalo ante a Fiscalía Especializada Anticorrupción para “prestar a súa declaración informativa”.