Emitida unha orde de detención contra Evo Morales

A Fiscalía boliviana emitiu este mércores unha orde de detención do ex-presidente Evo Morales, a quen o Goberno interino de Jeanine Áñez acusou de supostos delitos de sedición e terrorismo. O ministro interino de Goberno (Interior), Arturo Murillo, compartiu en Twitter unha fotografía do documento no que se ordena  aprehender a Morales, refuxiado na Arxentina, e trasladalo ante a Fiscalía Especializada Anticorrupción para «prestar a súa declaración informativa». 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha