Emitidos máis de 1,5 millóns de certificados covid en Galicia

1 minutes read

A Xunta de Galicia ten emitido un total de 1.556.119 certificados COVID. Deles, un total de 1.505.038 foron certificados de vacinación, uns 30.465 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 20.616 se trataron de certificados de ter superado a enfermidade. A Xunta afirma que afronta a nova onda da covid con solucións innovadoras axustadas á situación epidemiolóxica actual. Entre o conxunto de novas medidas adoptadas destacan o uso do certificado covid para o acceso a interiores, a instalación de puntos de test de antíxenos nos distintos distritos sanitarios, ou o sistema de rexistro dos resultados dos autotest nas oficinas de farmacia. Estas e outras medidas teñen permitido equilibrar mellor a protección da saúde coa continuidade da actividade económica.